jueves, 2 de marzo de 2017

III Concurso de Fotografía: Galiza, Auga e Literatura.

Boas a todos!

Traémosvos a información dun novo concurso, esta vez, de fotografía. Nel trátase de que os participantes den a súa visión dos momentos cume ou pasaxes estelares da literatura galega nas que esté presente a agua ou unha visión fotográfica que conciencie e mostre a importancia de coidar o medio ambiente e o prezado e escaso ben que é a agua.

As imaxes poden ser en branco e negro ou en cor. Non poden estar tratadas con ningún programa de edición. A imaxe terá que ir acompañada dunha breve explicación por parte do autor e tamén se deberán adxuntar os datos persoais do autor (nome, apelidos, data de nacemento, centro escolar, email e teléfono) como os do docente que axudara ao alumno.

MODALIDADES:

-Infantil (6-12 anos)
-Xuvenil (13-16 anos)
-Profesor

Premios (para cada modalidade):

* premio: cámara de fotos dixital.
*2º premio: lote de libros de literatura galega.
*Premio para a modalidade de profesor: estancia dunha noite para dúas persoas no Hotel OCA Balneario Augas Santas & Golf Resort (Pantón).


Tedes como data límite o 5 de Maio de 2017. Para informarvos máis a fondo e ver os detalles do envío das obras (como a driección), premede na ligazón que adxuntamos. Muita sorte a todos!

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/10684-iii-concurso-de-fotografia-galicia-auga-e-literatura

miércoles, 1 de marzo de 2017

Encontro de Correspondentes en Gandarío.

Correspondentes Xuvenís no Encontro de Gandarío


O fin de semana do 17 ao 19 de Febreiro reunímonos en Gandarío algunhas de nós con 200 rapaces, todos eles correspondentes 3.0.

Alí fixemos novas amizades e realizamos diversas actividades: visitamos as fragas do Eume, un museo etnográfico súper interesante no que se mostra a vida dos labregos galegos hai case un século, sacamos fotos, bailamos e pasámolo mui ben.

Penso que a todas as que fomos nos gustou muito o encontro. Foi entretido, enriquecedor e ademais serviu para romper un pouco coa monotonía de deberes e exames do instituto.

Se vos pica a curiosidade podedes atopar fotos e máis premendo no seguinte hashtag. Se para o ano os correspondentes sodes vos, podedes facervos unha idea das actividades que vos esperan!

#SomosCorrespondentes2017



Concurso literario: Contos sobre Rodas.

Ola a todos, letctores do blog!

Informámosvos do Concurso literario Contos sobre Rodas, no cal se promove a escritura en castelán entre os viaxeiros, xa que a temática está referida ao ámbito das viaxes.

Os traballos deberán ser dunha extensión máxima de 10 folios DIN A4 e non poderán pasar de 3000 palabras.

Haberá un único premio de 6000 euros para a obra premiada! Ademais da publicación da mesma e doutras seleccionadas.

O prazo límite para entregar os traballos é do día 30 de Abril de 2017.

Podedes atopar as bases completas e detalladas (así como modos de envío das obras) na seguinte ligazón, informádevos ben!!

https://www.alsa.es/sobre-alsa/concursos/cuentos-sobre-ruedas#

Sorte aos participante e vémonos na seguinte entrada!

XXI Certame Francisco Añón de Poesía.

Bos días a todos!

A nova que vos traemos hoxe, é ben interesante, así que lede atentamente!

Ímosvos falar do Certame Francisco Añón de Poesía, convocado polo Concello de Outes e no que poderá participar calqueira persoa de calqueira nacionalidade.

Os textos deben ser orixináis e inéditos e, mui importante, deben estar escritos en galego.

Hai varias categorías, pero aquí vos deixamos aquelas nas que poderíades entrar coa vosa idade, adxuntando os premios correspondentes, que non están nada mal!

-Categoría D: para rapaces/as de 12 a 14 anos.

*Premios:
1º clasificado: vale de 210 euros en libros e a publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

-Categoría E: para mozos/as de 15 a 17 anos.

*Premios:
1º clasificado: cheque por valor de 450 euros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

-Categoría F: para mozos/as de máis de 18 anos.

*Premios:
1º clasificado: cheque por valor de 1200 euros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Na Categoría E as obras teñen unha extensión mínima de 150 versos.
Na Categoría F as obras teñen unha extensión mínima de 200 versos.

Presentación do traballo:

As obras deben presentarse nun sobre pechado, no cal incluiranse cinco copias e no exterior deberá estar escrito "XXI Certame Franciso Añón de Poesía". Ademais, dentro do sobre grande deberá ir incluído outro máis pequeno, que levará escrito por fóra o nome da obra e por dentro unha fotocopia do NIF ou DNI e os seguintes datos persoais: nome, idade, enderezo, teléfono de contato, centro de estudos, título da obra e o lema ou pseudónimo co cal a asinárades.

O sobre grande que contén todo o mencionado anteriormente recolleráse na seguinte dirección:

Casa da Cultura, Avda. de San Campio, nº 1
C.P: 15230 Outes, A Coruña.

Tamén se poden enviar por correo postal á anterior dirección.

Muita sorte aos participantes! A data límite de entrega é o 3 de Abril de 2017.

Info. completa premendo no enlace:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/10615-xxi-certame-francisco-anon-de-poesia


XXI Certame Francisco Añón de Poesía

jueves, 16 de febrero de 2017

Premios Curuxa: Concurso de Humor.



Boas!

Presentámosvos un Concurso de Humor chamado Premios Curuxa. Para participar debedes facer un debuxo humorístico de temática libre. Poden ser viñetas, mudo, texto ilustrado, etc...

Hai dúas categorías, unha para maiores de 25 anos e outra para persoas de até 25 anos.

Os traballos deben ser presentados en papel, cunha medida de un máximo de 29,7x42 cm (A3). Ademais, non se admiten fotocopias nin gravados.

Os traballos poden ser mudos, escritos en galego ou en calqueira das outras Linguas Oficiais do Estado (aínda que nese caso será necesario adxuntar unha traducción ao galego xunto coa obra).

O prazo remata o 30 de Maio, así que xa sabedes, a debuxar!

Estes son os premios da categoría Curuxa-nova (até 25 anos):

1º) 1000 euros + diploma.
2º) 500 euros + diploma.

Se vos queredes enterar de como participar, dos premios da outra categoría ou as bases completas, premede na seguinte ligazón:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar/item/10635-xxi-concurso-de-humor-grafico-curuxa-do-humor-2017

Muita sorte!



XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”


Concurso de Mensaxes de Amor: Lingua de Namorar.

Ola a todos!

Hoxe, traémosvos un concurso en liña de mensaxes de amor chamado Lingua de Namorar. Poden participar persoas de 14 a 35 anos e é mui sinxelo participar, tan só tedes que cubrir un formulario. Ademais, este é un concurso en galego, co cal, vén perfeito pra poñer en práctica a nosa fermosa lingua.

Para participar neste concurso tendes que escreber un máximo de 2 mensaxes de 350 caracteres como máximo. Poden estar en prosa ou en verso e teñen que estar escritas en galego.

Animámosvos a participar, xa que os premios prometen:

PREMIOS

Categoría A (14-19 anos):

1º) Smartphone Wiko 5" Qcuore 3, 16 GB.
2º) Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM.
3º) Smartwatch SPC 9616T

Tendes de prazo ata o 5 de Marzo, na ligazón que vos deixamos abaixo podedes ver a bases completas do concurso e os premios da categoría de adultos. Sorte!

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar



Resultado de imagen de i love galicia

Charla sobre Drogas.

Fai unhas semanas, recibimos no noso centro unha charla sobre as drogas. Este tipo de charlas son comúns en centros de educación secundaria, debido á importancia de educar, informar e previr ás novas xeracións sobre estas substancias.

Na charla tratáronse distintos aspectos: dende a correcta diferenciación entre os termos, abuso, dependencia ou síndorme de abstinencia; ata saber diferenciar que é realmente unha droga e pasando por coñecer os distintos tipos...

Aquí abaixo deixámosvos unhas fotos e non esquezades mirar outros eventos, charlas ou demais actividades realizadas no IES na barra de arriba.

Un grande saúdo,

Correspondentes Xuvenís.





domingo, 22 de enero de 2017

Benvidos ao blog!

Ola a todos/as!

Dámosvos a benvida ao que será o blog de Correspondentes Xuvenís do IES Porto do Son durante este curso 2016-2017.

Somos Carla, Sophia, Nerea, Manuela, Clara e Adriana, seis rapazas de 4º da ESO que neste blog iremos cribando, organizando e publicando toda a info que nos chegue. Poderedes atopar concursos, saídas, info necesaria para os estudos, etc.

Pero non todo virá de fóra :)! O noso traballo tamén é ir facendo unha crónica das actividades realizadas no noso centro, para que así os que visiten a páxina e non estuden ou den clase no Son, estén enterados das distintas actividades ou eventos que se fan.

Esperamos que vos sexa entretido! Ademais, calquera dúbida que teñades podedes deixar un comentario.

E se sodes do centro, non esquezades que en recepción temos un taboleiro de anuncios onde tamén deixaremos información e que ademais cando esta sexa mui relevante, iremos nos mesmas ás aulas para explicárvolo todo debidamente.

Saúdos!

Correspondentes Xuvenís.